Benvidas e benvidos ao blogue da Aula Aberta! Neste pequeno recuncho da Internet poderedes atopar os recursos que empregamos na aula para aprender e tamén algunha que outra actividade para completar o aprendido!
martes, 3 de mayo de 2022
Sharenting, dereito ao olvido e educación dixital.
O " sharenting" é unha práctica moi habitual nos últimos anos entre pais e nais que consiste en documentar os primeiros sorrisos, palabras, pasos e cada unha das anécdotas dos nenos/ as nas redes sociais. Os estudos afirman que ata o de agora, non existiu outra xeración de nenos cunha infancia tan pública e alertan da probabilidade de que estes manifesten desacordo cando crezan.
A privacidade é un dos termos que a pesar de estar recoñecidos como dereitos dos individuos, está un pouco ausente cando se fala da infancia. Debemos ter claro que a pesar de ser os titores legais ou coidadores dos nenos/as, estes teñen dereitos como cidadáns e é noso deber asegurarnos de que os seus dereitos son recoñecidos e respectados. Por outra parte, é necesario falar do dereito ao esquecemento, que pode ser aplicado por todos os cidadáns e está amparado polo tribunal europeo. Este recolle a capacidade de todos os individuos de eliminar as imaxes, vídeos, gravacións ou calquera elemento no que saía a súa imaxe da rede.
Pola emerxencia do mundo dixital, esta privacidade e respecto infantil se ve aínda máis vulnerada, pois a pesar das continuas recomendacións e decretos de diferentes institucións que alertan de esta realidade (La Convención sobre los Derechos del Niño por exemplo), hai exposición maior dos menores das redes.
A educación dixital, axúdanos a crear consciencia sobre o impacto que o uso da tecnoloxía dixital ten sobre a nosa vida privada e educar sobre as posibilidades que podemos levar a cabo para realizar unha navegación segura e accesibles desde idades temperás. Como conclusión, recollemos varias enquisas realizadas pola firma de seguridade informática AVG, que dan datos tan escalaríante como este e nos invitan a pesar sobre o que estamos facendo na rede.
“23 % dos nenos aparecen nas redes mesmo antes de nacer, con instantáneas das ecografías” ou “o 81% dos bebés son expostos con menos de seis meses de idade nas redes sociais”
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario