martes, 3 de mayo de 2022

“Os Edublogs”

Edublog é a conxuncóion das palabras education e blogue, referíndose a blogues cuxo obxectivo central é apoiar o proceso de Enseñ anza-Aprendizaxe dentro do contexto educativo. Na rede atopamos multitude de definicións sendo interesante destacar algunhas: “... weblogs cuxo principal obxectivo é apoiar o proceso de Enseñ anza-Aprendizaxe nun contexto educativo” (Lara, 2005a); “...es a agrupació n de bitá coras educativas” (Castro, 2006); “...sistema formado polos blogues dos estudantes e do profesor” ( Santamaría, 2006). Existen múltiples ferramentas para a creación de blogs; entre elas destacamos Wordpress, SquareSpace, zyro, webflow, webly… En canto as súas utilidades, diremos que pode ser utilizado de formas divesas. Para compartir a acción docente e a traxectoria dun curso escolar por exemplo, como un espazo de reflexión da nosa acción, como instrumento de avaliación contínua dos nosos alumnos, para compartir experiencias coa comunidade, de elemento de comunicación coas familias… Persoalmente, consideramos que os blogs nas nosas aulas serán ferramentas moi útiles para a comunicación co entorno escolar, de apertura aos demáis e de comunicación co externo. O utilizaríamos para tentar comunicala co exterior, establecer relación cos diferentes axentes externos que o poidan ver e seguir a nosa práctica educativa. Para o alumnado, esta posibilidade tamén é enriquecedora, pois terán que desenvolver certas competencias necesarias para establecer unha comunicación e transmisión efectiva cos demais. Por outra banda, como mestras estes poderíannos ser de ampla utilidade como elemento de evaluación contínua dos cativos. Nel recóllense durante todo un curso escolar unha gran cantidade de experiencias, relatos e suscesos que nos permitirán seguir o transcurso da tarefa educativa

No hay comentarios:

Publicar un comentario