Partindo como base do proxecto de gamificación “Un mundo mejor”, concluímos que a pesar de que este nos resultou moi interesante e útil para o proceso de ensinanza-aprendizaxe en Educación Infantil, poderíaselle dar unha volta para conseguir resultados aínda maiores.
Manteríamos as ferramentas dixitais coas que se desenvolveu, pois parecenos de gran utilidade. Sen embargo, modificaríamos o número de actividades propostas e a presentación das mesmas. O aprendizaxe nesta etapa levarase a cabo de maneira signitificativa; é por iso que é imprescindible cautivar o interese do alumnado dende o primeiro momento. Para introducir as actividades plantexaríamos unha actividade previa na que en lugar dun astronauta (como no proxecto de gamificación analizado) sexán algún animal ou ser vivo perxudicado pola contaminación o que lles presente o tema.
Por outra parte, falando dos medios dixitais a utilizar, fomentaríamos máis o peso das actividades PDI na aula. Estas, nas súas diversas formas de presentación conseguen moi bos resultados no alumnado, é por iso que na práctica, variaríamos o seu contido e cantidade de maneira semanal.
Por último, mediante algún programa virtual introducir acciones favorables como apagar la luz, consumir agua….
No hay comentarios:
Publicar un comentario