viernes, 13 de mayo de 2022

O noso proxecto gamificado: "Pablo Picasso visita a nosa aula"



Entendendo o proxecto 

 “Pablo Piccaso visita a nosa aula” é un proxecto de traballo que busca, como obxectivos principais: 

  • ·       Interese e gozo pola experimentación e creación de obras plásticas 
  • ·       Valoración e respecto polas producións propias e polas dos demais 
  • ·       Coñecer a figura dunha das principais figuras do arte español 

Este, trátase dun proxecto de duración quincenal, que se completa coa lectura de obras relacionadas co autor e a realización de actividades cos “bits” de intelixencia á hora da asemblea. 

Mecánica do proxecto 

No proxecto “Pablo Piccaso visita a nosa aula” o alumnado completa pequenos retos a través da narrativa centrada en Pablo Picasso, que en envía pequenas mensaxes personalizadas a través de Códigos QR que chegan cada día á aula a través de caixas sorpresa. Os vídeos créanse coa aplicación iFunFace e a mestra é a encargada de enlazalos ao Código. 

 

O día a día da aula basease no traballo cooperativo e colaborativo, realizando os traballos en grupo ou en colaboración coa familia. Os recursos fundamentais para o funcionamento e o control da aula son a páxina web do centro, a aula virtual e a comunicación directa coas familias a través da plataforma Abalar e o correo. 

 

Para aumentar a motivación, vez que o grupo supere unha proba cada neno recibirá unha insignia dixital. A principio de curso o docente deberá crear unha presentación, en cada unha das páxinas da presentación colocarse o título “As miña mochila de insignias” e o avatar de cada pequeno ou pequena. Así mesmo, o/a docente será o encargado de crear unha insignia dixital para cada reto. Cada vez que se supere unha misión colocarase a insignia na páxina correspondente. A presentación estará dispoñible na páxina dixital da aula.


Paso a paso 

O proxecto arranca, cunha tremenda sorpresa: unha maña, cando as crianzas entraran á aula atópanse todo patas arriba e cunha caixa  encima dunha das mesas. Cando abren a caixa, os nenos e nenas atopan, un misterioso Código QR que os leva a un vídeo. No vídeo, o mesmo Pablo Piccaso diríxese a toda a aula para comunicar que está á procura dunha equipa que lle axude coa creación do seu novo cadro. Para formar parte deste grupo tan so hai que cumprir tres requisitos: hai que coñecer as cores; saber debuxar e ter moitas ganas de pintar. Ao final do vídeo aparecerá un segundo QR que levará ao alumnado cara a outro vídeo, onde se describe a primeira misión. Esta mecánica, repetirase cada vez que o grupo supere unha proba.  

 

Primeira misión: Autorretrato


Pablo Piccaso aínda non sabe moi ben que facer para a súa nova obra, unha das súas opcións e facer un retrato de si mesmo con acuarelas, entón, propón que todos e todas se debuxen a si mesmos. As crianzas que superen a súa misión satisfactoriamente recibiran as súas primeiras insignias para a súa mochila dixital e unha recompensa: poderán quedarse cos materiais que empregaron na proba. 

 

Segunda misión: Chica fronte ao espello   


Pablo Picasso se
 gue sen saber moi ben que facer para a súa nova obra, gustáronlle moito os autorretratos.... Pero a acuarela non lle parece moi orixinal. Agora, ocorréuselle unha nova idea:debuxar á súa mestra! Para superar esta proba, os nenos e nenas deberán debuxar, entre todos, a mestra na PDI da aula! As crianzas que superen a súa misión satisfactoriamente recibiran outra insignia para a súa mochila dixital e unha recompensa: un pequeno espello para poder debuxar (aínda mellor) o seu retrato. 
 


Terceira misióNiño con pomba

Pablo Picasso segue sen saber moi ben que facer para a súa nova obra, agora, quere probar a debuxar a unha das crianzas da aula.... ¡coa súa mascota! Para superar esta proba cada un dos nenos e nenas da aula deberán debuxar o seu animal favorito nun folio, despois, un a un gravarán un vídeo onde lle conten a Pablo que animal debuxaron; describilo fisicamente e como se chama. O vídeo realizarase no croma da aula, para que as crianzas poidan engadirlle o fondo que desexen: unha sabana, a súa casa, un monte,... As crianzas que superen a súa misión satisfactoriamente recibiran unha insignia para a súa mochila dixital e unha recompensa: pegatinas de animais 

 

Cuarta misióO vello guitarrista cego


Pablo Picasso xa case sabe que vai a pintar no seu novo cadro.... Pero antes de tomar a decisión final quere que as crianzas realicen unha proba moi especial.... Para superar esta proba cada un dos nenos e nenas deberá sacara unha foto con un dos seus avós ou avoa. O especial nesta foto vai a ser que.... o maior deberá estar tocando un instrumento! As crianzas que superen a súa misión satisfactoriamente recibiran unha insignia para a súa mochila dixital e outra de cartolina para o seu avó. 

 

Quinta misió“As senoritas de avignon


Xa non queda nada para que Pablo Picasso decida a temática da súa nova obra, pero, antes de iso quere que os nenos e nenas proven unha última cousa. Para superar esta prova, os nenos da aula deberán debuxar individualmente a imaxe dunha compañeira na súa tableta.
Neste caso hai una novidade: a pantalla do instrumento está en negro e, cando unha crianza realiza un trazo déixase ver unha liña de cores. 


Sexta misióel guerinca

A Pablo Picasso encántanlles as crianzas da aula! Parécenlle todas guapísimas! Ata está pensando en retratalas na súa nova obra! Para acabar coa misión, as crianzas teñen que debuxarse a si mesmas nun cartón moi, moi grande con moita, moita cor. Para facer esta gran obra de arte os nenos e nenas teñen carta branca: poden empregar os materiais que queiran; pintar co material que queiran;.... ¡canto máis creatividade mellor! As crianzas que superen a súa misión satisfactoriamente recibiran unha insignia para a súa mochila dixital e un trofeo para poñer na aula!    

 


Para rematar coa visita deste pintor á nosa aula, os nenos e nenas realizan un mapa mental para fixar o aprendido. Para realizar este produto, empregase CANVA

 


Gamificación en Infantil

Partindo como base do proxecto de gamificación “Un mundo mejor”, concluímos que a pesar de que este nos resultou moi interesante e útil para o proceso de ensinanza-aprendizaxe en Educación Infantil, poderíaselle dar unha volta para conseguir resultados aínda maiores. 

Manteríamos as ferramentas dixitais coas que se desenvolveu, pois parecenos de gran utilidade. Sen embargo, modificaríamos o número de actividades propostas e a presentación das mesmas. O aprendizaxe nesta etapa  levarase a cabo de maneira signitificativa; é por iso que é imprescindible cautivar o interese do alumnado dende o primeiro momento. Para introducir as actividades plantexaríamos unha actividade previa na que en lugar dun astronauta (como no proxecto de gamificación analizado) sexán algún animal ou ser vivo perxudicado pola contaminación o que lles presente o tema. 

Por outra parte, falando dos medios dixitais a utilizar, fomentaríamos máis o peso das actividades PDI na aula. Estas, nas súas diversas formas de presentación conseguen moi bos resultados no alumnado, é por iso que na práctica, variaríamos o seu contido e cantidade de maneira semanal.

Por último, mediante algún programa virtual introducir acciones favorables como apagar la luz, consumir agua….



martes, 3 de mayo de 2022

OS NOSOS MATERIAIS...

 VIDEOTUTORIAL DE CIENCIA EN EDUCACIÓN INFANTIL

VIDEOCONTO

Traballo das emocións. Gustavo e Mizo camiñan por Santiago




Actividades PDI en Infantil

As PDI vanse facendo oco pouco a pouco na realidade educativa dos colexios. A súa introducción nos permite , ademais de traballar diversas áreas e competencias co alumnado (a lóxico- matemática, a lingüística…) que os nenos manipulen, toquen e comprendar os contidos; xustamente tres dos fundamentos desta etapa. Na rede existen unha morea de posibilidades coas que traballar: A plataforma educacional NEA da Consellería de Educación do Principado de Asturias é unha destas. Contén 25 unidades de cada área (Medio físico e social, Comunicación e representación, Identidade e autonomía personal). Cada unidade componse das secciones “Atender”, “Tocar”, “Ver”, “Oír” e “Jugar”. O blogue de Sonia García (educadora infantil) tamén nos deixa algunha que outra posibilidade. Por útlimo, nos tamén creamos algúnhas actividades relacionadas; as primeiras relacionados co noso Vídeoconto do traballo das emocións e dispoñible no noso Portofolio a Aulaaberta (https://sites.google.com/view/aaulaaberta/inicio ), e outras unhas rutinas de OpenBoard que vos adxuntamos a continuación! https://drive.google.com/file/d/1YujCpiCKI14vnOWiVFNzOz1LqhUvxWwj/view?usp=sharing (no noso Portfolio tendes un vídeo para aqueles que non teñades OpenBoard)

Sharenting, dereito ao olvido e educación dixital.

O " sharenting" é unha práctica moi habitual nos últimos anos entre pais e nais que consiste en documentar os primeiros sorrisos, palabras, pasos e cada unha das anécdotas dos nenos/ as nas redes sociais. Os estudos afirman que ata o de agora, non existiu outra xeración de nenos cunha infancia tan pública e alertan da probabilidade de que estes manifesten desacordo cando crezan. A privacidade é un dos termos que a pesar de estar recoñecidos como dereitos dos individuos, está un pouco ausente cando se fala da infancia. Debemos ter claro que a pesar de ser os titores legais ou coidadores dos nenos/as, estes teñen dereitos como cidadáns e é noso deber asegurarnos de que os seus dereitos son recoñecidos e respectados. Por outra parte, é necesario falar do dereito ao esquecemento, que pode ser aplicado por todos os cidadáns e está amparado polo tribunal europeo. Este recolle a capacidade de todos os individuos de eliminar as imaxes, vídeos, gravacións ou calquera elemento no que saía a súa imaxe da rede. Pola emerxencia do mundo dixital, esta privacidade e respecto infantil se ve aínda máis vulnerada, pois a pesar das continuas recomendacións e decretos de diferentes institucións que alertan de esta realidade (La Convención sobre los Derechos del Niño por exemplo), hai exposición maior dos menores das redes. A educación dixital, axúdanos a crear consciencia sobre o impacto que o uso da tecnoloxía dixital ten sobre a nosa vida privada e educar sobre as posibilidades que podemos levar a cabo para realizar unha navegación segura e accesibles desde idades temperás. Como conclusión, recollemos varias enquisas realizadas pola firma de seguridade informática AVG, que dan datos tan escalaríante como este e nos invitan a pesar sobre o que estamos facendo na rede. “23 % dos nenos aparecen nas redes mesmo antes de nacer, con instantáneas das ecografías” ou “o 81% dos bebés son expostos con menos de seis meses de idade nas redes sociais”

“Os Edublogs”

Edublog é a conxuncóion das palabras education e blogue, referíndose a blogues cuxo obxectivo central é apoiar o proceso de Enseñ anza-Aprendizaxe dentro do contexto educativo. Na rede atopamos multitude de definicións sendo interesante destacar algunhas: “... weblogs cuxo principal obxectivo é apoiar o proceso de Enseñ anza-Aprendizaxe nun contexto educativo” (Lara, 2005a); “...es a agrupació n de bitá coras educativas” (Castro, 2006); “...sistema formado polos blogues dos estudantes e do profesor” ( Santamaría, 2006). Existen múltiples ferramentas para a creación de blogs; entre elas destacamos Wordpress, SquareSpace, zyro, webflow, webly… En canto as súas utilidades, diremos que pode ser utilizado de formas divesas. Para compartir a acción docente e a traxectoria dun curso escolar por exemplo, como un espazo de reflexión da nosa acción, como instrumento de avaliación contínua dos nosos alumnos, para compartir experiencias coa comunidade, de elemento de comunicación coas familias… Persoalmente, consideramos que os blogs nas nosas aulas serán ferramentas moi útiles para a comunicación co entorno escolar, de apertura aos demáis e de comunicación co externo. O utilizaríamos para tentar comunicala co exterior, establecer relación cos diferentes axentes externos que o poidan ver e seguir a nosa práctica educativa. Para o alumnado, esta posibilidade tamén é enriquecedora, pois terán que desenvolver certas competencias necesarias para establecer unha comunicación e transmisión efectiva cos demais. Por outra banda, como mestras estes poderíannos ser de ampla utilidade como elemento de evaluación contínua dos cativos. Nel recóllense durante todo un curso escolar unha gran cantidade de experiencias, relatos e suscesos que nos permitirán seguir o transcurso da tarefa educativa