Entendendo o proxecto
“Pablo Piccaso visita a nosa aula” é un proxecto de traballo que busca, como obxectivos principais:
- · Interese e gozo pola experimentación e creación de obras plásticas
- · Valoración e respecto polas producións propias e polas dos demais
- · Coñecer a figura dunha das principais figuras do arte español
Este, trátase dun proxecto de duración quincenal, que se completa coa lectura de obras relacionadas co autor e a realización de actividades cos “bits” de intelixencia á hora da asemblea.
Mecánica do proxecto
No proxecto “Pablo Piccaso visita a nosa aula” o alumnado completa pequenos retos a través da narrativa centrada en Pablo Picasso, que en envía pequenas mensaxes personalizadas a través de Códigos QR que chegan cada día á aula a través de caixas sorpresa. Os vídeos créanse coa aplicación iFunFace e a mestra é a encargada de enlazalos ao Código.
O día a día da aula basease no traballo cooperativo e colaborativo, realizando os traballos en grupo ou en colaboración coa familia. Os recursos fundamentais para o funcionamento e o control da aula son a páxina web do centro, a aula virtual e a comunicación directa coas familias a través da plataforma Abalar e o correo.
Para aumentar a motivación, vez que o grupo supere unha proba cada neno recibirá unha insignia dixital. A principio de curso o docente deberá crear unha presentación, en cada unha das páxinas da presentación colocarse o título “As miña mochila de insignias” e o avatar de cada pequeno ou pequena. Así mesmo, o/a docente será o encargado de crear unha insignia dixital para cada reto. Cada vez que se supere unha misión colocarase a insignia na páxina correspondente. A presentación estará dispoñible na páxina dixital da aula.
Paso a paso
O proxecto arranca, cunha tremenda sorpresa: unha maña, cando as crianzas entraran á aula atópanse todo patas arriba e cunha caixa encima dunha das mesas. Cando abren a caixa, os nenos e nenas atopan, un misterioso Código QR que os leva a un vídeo. No vídeo, o mesmo Pablo Piccaso diríxese a toda a aula para comunicar que está á procura dunha equipa que lle axude coa creación do seu novo cadro. Para formar parte deste grupo tan so hai que cumprir tres requisitos: hai que coñecer as cores; saber debuxar e ter moitas ganas de pintar. Ao final do vídeo aparecerá un segundo QR que levará ao alumnado cara a outro vídeo, onde se describe a primeira misión. Esta mecánica, repetirase cada vez que o grupo supere unha proba.
Primeira misión: Autorretrato
Pablo Piccaso aínda non sabe moi ben que facer para a súa nova obra, unha das súas opcións e facer un retrato de si mesmo con acuarelas, entón, propón que todos e todas se debuxen a si mesmos. As crianzas que superen a súa misión satisfactoriamente recibiran as súas primeiras insignias para a súa mochila dixital e unha recompensa: poderán quedarse cos materiais que empregaron na proba.
Segunda misión: “Chica fronte ao espello”
Pablo Picasso se gue sen saber moi ben que facer para a súa nova obra, gustáronlle moito os autorretratos.... Pero a acuarela non lle parece moi orixinal. Agora, ocorréuselle unha nova idea:debuxar á súa mestra! Para superar esta proba, os nenos e nenas deberán debuxar, entre todos, a mestra na PDI da aula! As crianzas que superen a súa misión satisfactoriamente recibiran outra insignia para a súa mochila dixital e unha recompensa: un pequeno espello para poder debuxar (aínda mellor) o seu retrato.
Terceira misión “Niño con pomba”
Cuarta misión “O vello guitarrista cego”
Pablo Picasso xa case sabe que vai a pintar no seu novo cadro.... Pero antes de tomar a decisión final quere que as crianzas realicen unha proba moi especial.... Para superar esta proba cada un dos nenos e nenas deberá sacara unha foto con un dos seus avós ou avoa. O especial nesta foto vai a ser que.... o maior deberá estar tocando un instrumento! As crianzas que superen a súa misión satisfactoriamente recibiran unha insignia para a súa mochila dixital e outra de cartolina para o seu avó.
Quinta misión “As senoritas de avignon”
Xa non queda nada para que Pablo Picasso decida a temática da súa nova obra, pero, antes de iso quere que os nenos e nenas proven unha última cousa. Para superar esta prova, os nenos da aula deberán debuxar individualmente a imaxe dunha compañeira na súa tableta.Neste caso hai una novidade: a pantalla do instrumento está en negro e, cando unha crianza realiza un trazo déixase ver unha liña de cores.
Sexta misión “el guerinca”
A Pablo Picasso encántanlles as crianzas da aula! Parécenlle todas guapísimas! Ata está pensando en retratalas na súa nova obra! Para acabar coa misión, as crianzas teñen que debuxarse a si mesmas nun cartón moi, moi grande con moita, moita cor. Para facer esta gran obra de arte os nenos e nenas teñen carta branca: poden empregar os materiais que queiran; pintar co material que queiran;.... ¡canto máis creatividade mellor! As crianzas que superen a súa misión satisfactoriamente recibiran unha insignia para a súa mochila dixital e un trofeo para poñer na aula!
Para rematar coa visita deste pintor á nosa aula, os nenos e nenas realizan un mapa mental para fixar o aprendido. Para realizar este produto, empregase CANVA